Hemeroteca

Asset Publisher

Back O pavillón da Rabadeira comeza a funcionar tras a súa remodelación integral

Oleiros, 27 de setembro de 2011-. O Concello de Oleiros informa de que a obra de remodelación integral do pavillón da Rabedeira, situado en Santa María de Oleiros, concluíu e que a instalación atópase en pleno funcionamento desde o pasado luns. Este pavillón, o máis antigo de todo o municipio, foi remodelado por completo ao longo dos meses de verán para non dificultar o desenvolvemento do curso escolar. Tal e como solicitara a dirección do centro escolar anexo.

Os traballos incluíron a instalación dun novo parqué con tarima flotante, o que contribúe en gran medida a mellorar o illamento, a colocación de novos ventanais que aumentan a luminosidade, á vez que tamén melloran sensiblemente as condicións de illamento térmico. Así mesmo, renovouse por completo o teito, os servizos e vestiarios e instaláronse paneis solares para contribuír ao abastecemento de enerxía.

Estas melloras posibilitaron que o edificio se converta nunha instalación eficiente que permita aforrar máis dun 50% do gasto enerxético respecto ao consumo que tiña antes da remodelación. O investimento municipal nesta obra foi de 290.000 euros. A instalación estará dispoñible para os escolares en horario de mañá e para os veciños e veciñas que soliciten o seu uso en horario de tarde. Ademais o complexo alberga competicións oficiais de varias disciplinas deportivas así como os adestramentos cotiáns de varios clubs do municipio.

back link