Hemeroteca

Asset Publisher

Back O pavillón da Rabadeira acolle o domingo o I Torneo Micro Club Hockey Oleiros

Oleiros, 2 de xuño de 2016-. O vindeiro domingo 5 de xuño celébrase o I Torneo Micro Club Hockey Oleiros. Participarán 5 clubs e desenvolverase ao longo de todo o día no Pavillón da Rabadeira.

Os equipos participantes - Liceo, Cambre, Dominicos, Borbolla e o Club Hockey Oleiros- dividiranse en dous grupos. Os mellores xogarán pola tarde as semifinais e a gran final. Ademais  haberá unha exhibición dos numerosos rapaces e rapazas que forman a Escola Municipal de Hockey do Concello de Oleiros.

O Club Hockey Oleiros conseguiu con apenas un ano de andadura consolidar a dous equipos en competición oficial en categoría benxamín e prebenxamín, ademais da participación dun equipo de micro (menores de 8 anos) na liga oficiosa desta categoría. A entidade conta na actualidade con preto de 50 deportistas que proxectan o traballo e o esforzo realizado dende a Concellería de Deportes do Concello de Oleiros coa creación da Escola Municipal de Hockey.
 

back link