Hemeroteca

Asset Publisher

Back O pase de Troyanas pon o punto e final ao III Ciclo de Teatro Xuvenil

Oleiros, 28 de setembro de 2012-. O Concello de Oleiros organiza para mañá sábado o pase da obra teatral Troyanas. O espectáculo, enmarcado dentro da programación do III Ciclo de Teatro Xuvenil que organiza o Concello de Oleiros, comezará ás 20.30 horas no auditorio Gabriel García Márquez de Mera. O prezo da entrada é de 2 euros. Os tíckets poranse á venda a partir das 19.30 horas no auditorio. A duración aproximada desta traxedia clásica é de 90 minutos.

Troyanas é un espectáculo da compañía de teatro e danza Ruiseñor. A obra narra o sufrimento das mulleres vítimas dunha guerra de homes. As súas perdas fanas deambular entre o sentimento de medo e de xustiza que lles depara o destino.
 

back link