Hemeroteca

Asset Publisher

Back O parque público da Finca Tenreiro, aberto a diario para toda a cidadanía

O inaugurado parque da Finca Tenreiro, en Nós, permanecerá aberto cada día entre as 8:30 e as 21.00 horas, pechando pola noite por cuestións de seguridade, xa que é un espazo con algúns elementos sensibles que deben ser especialmente protexidos.

Con ese horario, non só a veciñanza pode gozar da beleza e a frondosidade do parque, senón que o alumnado do colexio público Juana de Vega pode utilizalo para ir camiñando ao colexio con maior facilidade e seguridade.

O parque, ademais das extraordinarias pezas arbóreas, conta con engaiolantes intervencións arquitectónicas que nos remiten á xardinería histórica de finais do século XIX, un paisaxismo que se enriqueceu con esta recuperación patrimonial.

A Finca Tenreiro é un novo parque da parroquia de Nós, que completa a infraestrutura verde pública desa zona interior, que proximamente se incrementará coa senda ciclopeonil do Rego de San Pedro, un itinerario verde paralelo á N6 que une as parroquias de Nós e Iñás seguindo ese leito fluvial. Tamén pasa a formar parte dos parques singulares do municipio, entre os que se atopan o Xardín Romántico de Montrove, o parque José Martí de Santa Cristina ou os parques litorais, tanto na zona da ría como na baía.
 

back link