Hemeroteca

Asset Publisher

Back O parque José Martí acolle o mércores un concerto das bandas da Escola de Música

 Oleiros, 23 de xuño de 2014-. O Concello de Oleiros organiza para o próximo mércores día 25 a partir das 20.00 horas un concerto das prebandas e a Banda da Escola Municipal de Música. Esta actuación será ao aire libre, concretamente no parque José Martí, en Santa Cristina, Perillo. A entrada será libre. 

 
Programa completo:
Prebanda 1
Farmhouse Rock-Jacob de Haan
English Waltz -Jacob de Haan
Rhythm & Blues -Jacob de Haan
 
Prebanda 2
Air Poetique -Ted Huggens.  Solista trompa: María Iglesias
Clarinando -Richard Comello. Solistas clarinete: Patricia Vázquez e Amaia Rego
Dakota-Jacob de Haan
 
Banda 
Obertura Cubana- G. Gershwin
Danzón nº. 2-A. Márquez
 
back link