Hemeroteca

Asset Publisher

Back O parque das Galeras pasará a chamarse parque Fidel Castro

Oleiros, 3 de decembro de 2016-. O parque das Galeras, entre Bastiagueiro e Santa Cruz, pasará a denominarse parque Fidel Castro. Este espectacular espazo público, que se atopa en proceso de ampliación, pasará a ocupar nos próximos meses toda a franxa costeira desde Santa Cruz ata a praia de Bastiagueiro, unha superficie de máis de 100.000 metros cadrados.

O parque que levará o nome de Fidel Castro atópase nunha urbanización que ten as súas rúas dedicadas a diferentes revolucionarios e libertadores dunha recoñecida traxectoria histórica. No momento da creación destas rúas, o Concello de Oleiros tiña intención de que unha delas levara o nome do líder da revolución cubana. A negativa de Fidel Castro a recibir este tipo de recoñecementos en vida impediu o nomeamento dalgunha destas vías públicas.

Fidel Castro Ruz foi o revolucionario máis importante do século XX. Grazas ao seu liderado, a república de Cuba acadou importantes conquistas sociais, malia o bloqueo dos Estados Unidos e de moitos outros países tras a caída do muro de Berlín. Castro foi o principal artífice para que esa pequena nación se convertese no país máis culto e educado de todo o planeta.

back link