Hemeroteca

Asset Publisher

Back O orzamento do Concello de Oleiros para 2020 supera os 31 millóns de euros

 Oleiros, 30 de xaneiro de 2020-. O Goberno municipal aprobou no pleno celebrado hoxe o orzamento municipal do Concello de Oleiros para o ano 2020 que ascende a 31.830.400 euros, o que supón un incremento do 5,7% en relación ao do exercicio anterior. O documento xa foi presentado o pasado venres polo alcalde ás entidades sociais que enviaron propostas que, nalgúns casos, foron incluídas.

 
O capítulo de investimentos en novas obras e servizos ascende a 6.556.480 euros, un 14,15% máis que no 2019. Algunhas das actuacións contempladas son a 2ª fase do campo de fútbol de Mera, unha ampla renovación da iluminación pública, as expropiacións do paseo fluvial do rego de San Pedro, a consolidación do carril bici no centro de Arillo, así como diversas actuacións de mellora das redes de saneamento e abastecemento de augas, pavimentación de rúas públicas ou construción de novos tramos de beirarrúas, entre outras.
 
Ademais do orzamento, aprobouse o límite de gasto non financeiro e a regra de gasto do Concello de Oleiros para o ano 2020. Tamén se acordou darlle o visto bo ao proxecto de reurbanización da rúa do Souto e autorizar á Deputación para executar as obras, que ascenden a 770.183 euros.
back link