Hemeroteca

Asset Publisher

Back O musical ¿Jose y su túnica de colores¿ represéntase o venres no auditorio de Mera

Oleiros, 10 de maio de 2016-. O Auditorio Gabriel García Márquez  acolle este venres día 13 de maio ás 20:15 horas o musical Jose y su túnica de colores dirixido e adaptado por  Susana Crespo e interpretado por 35 mozos e mozas da Compañía de Teatro El Ruiseñor. A representación forma parte do VII Ciclo de Teatro Xuvenil.

O musical trata a historia dun neno desolado polas burlas dos seus compañeiros por crer en soños, que é visitado por dúas misteriosas mulleres que lle contan un conto sobre un soñador coma el. José, fillo de Jacob, é un pastor novo que vive na terra de Canaán xunto cos seus once irmáns. Jacob, o seu pai, sempre mostrou preferencia por José sobre os seus irmáns, o que levantaba a envexa dos demais. Cando José recibe como agasallo unha túnica multicor, o seus irmáns presos da ira, véndeno coma escravo a uns Ismaelitas, finxindo a morte do seu irmán ante o seu pai para ocultar o crime. José vendido como escravo a un mercador exipcio, vese envolto nun malentendido que o conducirá a prisión. Mentres tanto en Exipto o Faraón Ramsés leva tempo soñando con 7 vacas fracas e 7 vacas gordas. José, que sabe interpretar os soños, terá que deducir o soño do faraón, pois a súa sorte e futuro dependerá diso.

A historia está contada en clave de comedia musical. Os 90 minutos de duración do espectáculo son trepidantes ao combinar voces en directo, baile e cor, cunha gran variedade de ritmos e xiros musicais. Un espectáculo para todos os públicos. As entradas estarán á venda no auditorio a partir das 19:15 horas.
 

back link