Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Museo Os Oleiros acollerá dous obradoiros no nadal

Oleiros, 28 de novembro de 2017-. O Concello de Oleiros organiza durante o nadal dúas interesantes actividades gratuítas no Museo Os Oleiros dirixidas a un público infantil e familiar. O prazo de inscrición xa está aberto.

Os días 27 e 29 de decembro e o 4 de xaneiro terá lugar un obradoiro de instrumentos musicais de barro. Os días 28 e 30 de decembro e o 4 de xaneiro levarase a cabo un Obradoiro de xoguetes de barro. O horario en ambos casos será de 12:00 a 13:30 horas.

Para ter máis información, así coma para formalizar as inscricións, as persoas interesadas deberán dirixirse ao Museo Os Oleiros, no Centro Cultural As Torres (Rúa Emilia Pardo Bazán nº 17, Santa Cruz), chamar ao teléfono 981 626 692, ou contactar mediante enderezo electrónico con museos@oleiros.org  ou  a.justo@oleiros.org.

 

back link