Oleiros, 4 de novembro de 2021-. Redrum Teatro presenta o sábado ás 20:30 horas no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera a comedia O mozo da última fila. Guillermo Carbajo, Roberto Leal, Belén Constenla, Mónica García, Machi Salgado e Rúben Porto forman o elenco desta obra de Juan Mayorga que dirixe Alex Sampayo.
Trátase dunha reflexión cargada de ironía sobre a necesidade de contar historias, a fascinación polas vidas alleas e a lexitimidade da creación artística. Dirixida por Alex Sampayo e cun reparto de luxo, este texto foi escollido en 2018 dentro de plans de fomento á lectura en institutos de secundaria.
As entradas poñeranse á venda a partir das 19:30 horas, a 3,50 euros, ata completar a capacidade permitida da sala. A obra está recomendada para un público adulto.