Hemeroteca

Asset Publisher

Back O montacargas, o sábado no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera

 Oleiros, 6 de novembro de 2019-. A compañía Acusmaser Opus presenta o sábado ás 20:30 horas no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera o seu espectáculo O montacargas. Federico Pérez, Santi Romay e Evaristo Calvo forman o elenco desta obra de Harold Pinter, que dirixe Evaristo Calvo.

 
Nesta comedia, os dous protagonistas agardan ordes dunha entidade superior para acometer o seu traballo. Ben agarda pacientemente, pero Gus está inquieto e incómodo. Cuestiona o seu superior, un tal Wilson, ao que non vemos, e lanza continuas preguntas ao seu compañeiro. Ben vaise incomodando progresivamente ata acabar por botarlle as mans ao seu molesto parceiro. Para rematar, chéganlles ordes absurdas por medio de notas transferidas nun pequeno montacargas de hostalería disposto nunha das paredes do cuarto que habitan. Unha desas ordes será a da eliminación física dun ser humano.
 
As entradas poñeranse á venda a partir das 19:30 horas, ata completar a capacidade da sala. A obra está recomendada para maiores de 12 anos. 
back link