Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Ministerio de Facenda sube un 3% o valor catastral dos bens inmobles de Oleiros

 Oleiros, 30 de decembro de 2019-. A Facenda do Estado vai incrementar o valor catastral das propiedades en Oleiros. A repercusión nos recibos do IBI estará entre os 4 e os 12 euros anuais, en función do tipo de vivenda. O Concello segue mantendo o mesmo tipo no IBI, o 0,605%.

 
“O Ministerio de Facenda determinou unha subida do IBI en 22 concellos galegos. Co incremento dos valores catastrais, Facenda eleva o valor patrimonial dos cidadáns”, comentou o alcalde Ángel García Seoane.
 
back link