Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Ministerio amplía o prazo de presentación de alegacións da pegada sonora

 Oleiros, 21 de decembro de 2020-. A Dirección Xeral de aviación civil, dependente do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda urbana, ampliou o prazo de presentación de alegacións da pegada sonora do aeroporto de Alvedro ata o día 29 de xaneiro. Inicialmente, o prazo remataba o día 28 de decembro, pero debido ás festividades era recomendable realizar os trámites antes do día 24.

 
O Concello de Oleiros xa presentou un recurso xeral contra a pegada sonora que recolle o conxunto de vivendas e solares afectados, nas zonas do Seixo e Montrove. Esta actuación municipal non impide que calquera persoa propietaria afectada a nivel individual tamén presente o seu correspondente recurso. Aquelas persoas que precisen asesoramento sobre este tema ou unha alegación tipo para reclamar compensacións, poden dirixirse á Casa do Concello.
 
back link