Oleiros, 05 de xaneiro de 2015-. O Ministerio de Medio Ambiente comunicou aos concellos implicados que ata o 21 de xullo o proxecto de dragado da ría da Pasaxe estará exposto ao público, o que supón alongar bastante máis do agardado os prazos para comezar esta importante obra.
“É unha noticia escandalosa. Estannos metendo nas eleccións autonómicas para intentar sacar tallada electoral”, comentou o alcalde de Oleiros Ángel García Seoane. O rexedor tamén reclamou máis respecto para as institucións. “O Goberno central engánanos unha vez máis, polo que tampouco nos estraña”, dixo.