Hemeroteca

Asset Publisher

Back O mercado municipal celebra mañá unha gran festa no interior das instalacións

Oleiros, 27 de maio de 2016-. O mercado municipal de Perillo, que se sumou á campaña internacional de promoción dos mercados que se celebra o longo da segunda quincena do mes de maio en todo o mundo, acollerá mañá sábado 28 de maio unha gran festa co obxectivo de visualizar a calidade dos produtos e a atención que os praceiros e praceiras de Perillo ofrecen aos clientes.

O mercado municipal será o escenario de diversas actuacións coas que se pretende amenizar esa xornada festiva. Haberá teatro, flashmob ou música. Ás 11:30 horas, a compañía de teatro Crémilo interpretará a comedia gastronómica Don Quixote e ás 12:30 a Escola Municipal de Danza realizará un flashmob. Ademais, ás 14:00 realizarase o sorteo de vales desconto entre as persoas que mercaron na praza nos últimos días.

O mercado municipal de Perillo, situado na rúa Golpa, ofrece todo tipo de produtos e servizos: carnes, froitas, verduras, peixes e mariscos, lácteos, pans, arranxos de calzado, flores, agasallos, prensa, cafetería...

 

back link