Hemeroteca

Asset Publisher

Back O martes comeza a obra do túnel e da glorieta en Sol y Mar

 Oleiros, 11 de decembro de 2020-. A Delegación do Goberno comunicoulle ao Concello de Oleiros que o vindeiro martes día 15 de decembro, ás 11:30 horas, terá lugar o acto oficial de colocación da primeira pedra da obra de mellora do cruce de Sol y Mar, na N-VI ao seu paso por Perillo. O inicio desta obra, adxudicada por 9.813.642,04 euros, demorouse máis do previsto debido a que o Ministerio tiña pendente unha expropiación de 7,40 metros cadrados.

 
Desde o ano 2004, o Concello de Oleiros estaba a reclamar esta actuación ao Ministerio de Fomento para que se construíra un túnel e unha rotonda na superficie para axilizar o tráfico neste punto dunha das estradas de máis tráfico de toda Galicia. “Unha gran noticia, despois de tantos anos loitando e demandando esta obra, o túnel de Sol y Mar será unha realidade.”, dixo o alcalde Ángel García Seoane.
 
back link