Hemeroteca

Asset Publisher

Back O martes celébrase un pleno de carácter ordinario

Oleiros, 21 de setembro de 2012-. O vindeiro martes 25 de setembro celebra na casa Charry a partir das 20 horas unha sesión plenaria de carácter ordinario no que se debaterán diversos temas de interese para o municipio. Entre os moitos puntos da orde do día destaca a aprobación definitiva da urbanización do futuro campo de golf de Dorneda ou a aprobación inicial da urbanización das Viñas, en Perillo.

Ademais no pleno votarase a regularización do IPC de varias ordenanzas fiscais e as obras do Plan DTC. A través deste plan o Goberno local realizará varias obras en Santa Cristina e arranxarase o paseo marítimo de Mera e a senda costeira das Galeras, a madeira de ambas as dúas infraestruturas será tratadas con produtos especiais para garantir a súa correcta conservación e perdurabilidade. Ademais, co financiamento deste plan provincial adquirirase maquinaria para crear unha unidade permanente para realizar labores de conservación nos camiños e rúas municipais.

Outro asunto destacado é a concesión dunha subvención nominativa para que os tres clubs de fútbol que levan a cabo a súa actividade deportiva en campos privados poidan facer fronte aos gastos de auga e luz e non se cre un agravio comparativo co resto de entidades que levan a cabo a súa actividade en campos públicos. Para rematar, destaca a eliminación da paga extraordinaria de decembro dos cargos políticos e do persoal de confianza como medida de solidariedade cos funcionarios aos que o Goberno de España eliminou esta remuneración como medida dentro da súa política de recortes.
 

back link