Este histórico torneo chega xa á súa 54ª edición, que volveu encher as bancadas cun grande número de espectadores, vibrando con cada xogada e cada oportunidade. Nesta final tan agardada, o Marino e o Santa Cruz acadaron o dereito a loitar polo título despois de impoñerse con autoridade nas semifinais ao Perillo e ao Dorneda, respectivamente.
Anteriormente, na fase de grupos, tamén participaron Xuventude de Dorneda, Obrero, Unión Campestre, San Pedro, Hércules, Perillo, Cristo Rey e Mercurio. Todos os equipos participantes neste torneo, tanto no cadro feminino como masculino, repártense 16.050 euros, destinado principalmente aos premios económicos.