Oleiros, 15 de febreiro de 2016-. Aínda quedan prazas libres para viaxar a Andorra e gozar dos deportes de inverno entre o 19 e o 26 de marzo, coincidindo coa Semana Santa. Todas aquelas persoas empadroadas maiores de 18 anos interesadas en realizar esta actividade teñen ata o mércores para apuntarse. Pódese facer presencialmente no centro cultural A Fábrica ou chamando ao 981 636 598.
A viaxe incluirá todo o necesario para gozar de 5 días de esquí: aluguer de material, 5 días de clases de esquí cos mellores monitores, 5 días de forfait, transporte e aloxamento en habitacións dobres, comida en pistas, seguro de accidentes e tempo libre para gozar de relaxantes descansos no Centro Termal de Caldea, de paseos polas rúas de Andorra ou doutro tipo de actividades.