Oleiros, 28 de xullo de 2018-. O parque Luis Seoane de Santa Cruz acollerá, entre os días 1 e 5 de agosto, a XXIV edición de Alfaroleiros. A feira de olería máis importante de toda España, tal e como a cualifican os profesionais do sector, concentrará un ano máis os mellores oleiros tradicionais da Península Ibérica que destacan por ser únicos nas súas respectivas zonas de procedencia e pola calidade e pureza dos seus traballos.
O horario de exposición e venda será de 10:00 a 22:30 horas. Ademais, o alumnado do obradoiro municipal de olería tamén expoñerá durante a mostra os seus mellores traballos.
Agárdase que un ano máis sexan centos as persoas que visiten Santa Cruz e outras localidades do municipio con motivo desta feira, que ademais da olería ofrece unha ampla programación de actividades culturais e de ocio, dirixidas a todos os públicos, que supoñen un importante reclamo.