“O mércores comeza unha nova edición de Alfaroleiros. Serán 5 días durante os que os 23 oleiros máis importantes de toda a península venderán as súas obras feitas a man. Haberá oleiros de Toledo, Castelló, Córdoba, Alacante, Granada, Palencia, Cáceres, Badaxoz, Ourense... Tamén vai haber numerosas actividades para todo tipo de públicos no parque Luís Seoane e na praza Esther Pita”, dixo o alcalde Ángel García Seoane.
Paralelamente á feira, o Concello organiza numerosos espectáculos, concertos e actividades para todos os públicos, abertas e gratuítas. A programación é a seguinte:
- Acto de inauguración: mércores, 12:30 horas, parque Luís Seoane
- Concerto da Gallaecia Small Band: mércores, 21:00 horas, praza Esther Pita
- Demostración de olería: xoves, 18:30 horas, parque Luís Seoane
- Espectáculo de maxia do Mago Dani: xoves, 20:00 horas, parque Luís Seoane
- Demostración de rakú: venres, 17:00 horas, parque Luís Seoane
- Demostracións de olería: venres, 18:30 horas, parque Luís Seoane
- Espectáculo de rúa Nono: venres, 20:00 horas, parque Luís Seoane
- Concerto de Familia Caamagno: venres, 22:00 horas, praza Esther Pita
- Demostración de olería: sábado, 13:00 horas, parque Luís Seoane
- Obradoiro de olería: sábado, 18:30 horas, parque Luís Seoane
- Demostración de cociña en vivo: sábado, 20:00 horas, parque Luís Seoane
- Concerto de Roi Casal: sábado, 22:00 horas, praza Esther Pita
- Demostración de cociña en vivo: domingo, 13:00 horas, parque Luís Seoane
- Xogos tradicionais Eira Xandobeleira: sábado, 18:30 horas, parque Luís Seoane
- Pasarrúas do Grupo de Gaitas Santaia: domingo, 19:30 horas, parque Luís Seoane
- Concerto de Brais Morán & NasauFunk: domingo, 21:30 horas, praza Esther Pita