Hemeroteca

Asset Publisher

Back O mércores comeza a renovación do parque infantil da urbanización Mesón da Auga

Oleiros, 12 de febreiro de 2018-. O Concello de Oleiros ampliará a actual zona de xogos infantís existente na urbanización Mesón da Auga ante o elevado número de nenos e nenas que residen nesta zona. Esta obra, que comeza o mércores, supera os 24.000 euros de investimento.

Oleiros conta con máis de 60 parques infantís espallados por todo o municipio. Todos eles cumpren coa normativa europea de seguridade e son inspeccionados periodicamente.
 

back link