Hemeroteca

Asset Publisher

Back O luns remata cociña saudable cunha xornada de portas abertas

Oleiros, 10 de xuño de 2016-. O vindeiro luns 13 de xuño, ás 20.30 horas, terá lugar a xornada de portas abertas da actividade de Ocioleiros Cociña saudable, no Centro Municipal de Formación Isaac Díaz Pardo, nos Regos. Nesta última sesión aberta ao público farase un pequeno resumo da actividade e participarase nunha mesa redonda, ademais de degustar algunhas das elaboracións saudables realizadas polo alumnado.

Este obradoiro de Ocioleiros impartido por NhIA Nutrición e Higiene Alimentaria comezou o 15 de febreiro e a pesar de estar organizado só un grupo, abriuse outro debido á demanda suscitada. Ao longo das 16 xornadas o alumnado adquiriu os coñecementos necesarios, tanto teóricos como prácticos, para poder levar a cabo unha alimentación saudable e sostible. Así, non só tiveron a oportunidade de elaborar diversas receitas, senón que tamén aprenderon, entre outras cousas, a facer conservas, a reutilizar alimentos e envases, a ler correctamente o etiquetado ou a evitar a perda dos nutrientes á hora de cociñar.


 

back link