Hemeroteca

Asset Publisher

Back O luns inaugúrase a exposición La luz de las niñas na Casa da Mocidade das Pedras

 Oleiros, 18 de febreiro de 2022-. O vindeiro luns 21 de febreiro ás 19:00 horas terá lugar o acto de inauguración da exposición La luz de las niñas. Estará dispoñible na Casa da Mocidade das Pedras e poderá visitarse ata o venres 4 de marzo. 

 
Trátase dunha mostra na que se denuncian prácticas abusivas que sofren nenas e mulleres en distintas partes do mundo tales como matrimonio forzado, mutilación xenital, violencia psicolóxica, física e sexual... Ademais tamén se recolle a loita polos dereitos das nenas.
 
A ONGD Entreculturas colabora co Concello de Oleiros para a realización desta actividade.
back link