Hemeroteca

Asset Publisher

Back O luns comezará o cribado de covid masivo en Oleiros

 Oleiros, 12 de febreiro de 2021-. A Consellería de Sanidade notificoulle ao Concello de Oleiros que o luns iniciarase o cribado de covid masivo entre veciños e veciñas do municipio mediante un test de saliva. Serán citados vía SMS polo SERGAS unhas 15.300 persoas de entre 30 e 65 anos así como todo o persoal dos centros de ensino. 

 
Os cidadáns que sexan convocados deberán recoller un bote no que depositar a primeira saliva do día. Posteriormente, deberán entregar esa mostra no día e hora que se lle indique.
 
Tanto a recollida dos botes como a entrega das mostras de saliva efectuarase no polígono de Iñás, nas rúas Salnés e Barbanza, nunha carpas especialmente habilitadas. Para evitar atascos e reducir os tempos de espera o máximo posible é fundamental a colaboración cidadá, respectando as horas e seguindo a sinalización e indicacións que se realicen polo persoal sanitario, Policía Local e Protección Civil.
 
O cribado finalizará o sábado. As persoas con resultado positivo serán chamadas telefonicamente por persoal sanitario para indicarlle o procedemento a seguir. No caso dos resultados negativos notificaranse mediante SMS.
 
O Concello de Oleiros insiste na importancia destas probas de detección de covid e fai un chamamento á participación de todas as persoas que sexan convocadas. 
back link