Hemeroteca

Asset Publisher

Back O luns comezará a visualizarse o inicio da obra do tramo de paseo pendente entre Oleiros e Cambre

O próximo luns comezarán a traballar as máquinas nas obras de construción do tramo de paseo da ría pendente entre Oleiros e Cambre. Esta mañá deuse por iniciada a obra coas tarefas de traza e unha reunión in situ para tratar diversos asuntos entre a xefatura de Costas da Coruña e o Concello de Oleiros.

As obras teñen un custo de 1,8 millóns e un prazo de execución de 9 meses. Realizaranse en terreos de propiedade do Concello de Oleiros clasificados como zona verde, no parque público do Seixo.
Para a construción das escolleras será necesario talar todos os eucaliptos limítrofes co paseo, así como as acacias que se atopan no linde co actual paseo de Cambre, onde rematará esta obra. Tamén serán eliminados os dous fosos existentes, que antigamente serviron como embarcadoiros. 

“Criticárasenos moito cando impedíramos que se pasase polo tramo do paseo novo. Facíao porque había un risco moi evidente para as persoas e tamén para que se acabase a obra, porque non podía quedar desconectado Oleiros e Cambre. Finalmente o tempo dános a razón e logramos que se vai crear este paseo, ademais de facer tamén o tramo do Paraíso”, comentou o alcalde Ángel García Seoane.

Con estas obras conectarase o paseo da ría con Cambre e Culleredo; e daráselle tamén continuidade ás sendas e paseos costeiros creados e abertos polo Concello por todo o litoral de Oleiros, transitable desde Lorbé ata Perillo. Proximamente veranse incrementados co tramo do litoral de Dorneda entre Naval e Canide. 

back link