Oleiros, 11 de xuño de 2020-. Un total de 40 persoas garantirán a seguridade nas praias do Concello de Oleiros. O servizo de salvamento e socorrismo estará en funcionamento desde o vindeiro luns 15 de xuño ata o día 15 de setembro.
O Concello contratou 25 socorristas, 5 patróns/as de embarcación que tamén realizarán tarefas de socorrismo, 6 sanitarios/as, 1 supervisor e 1 xefe de equipo. Ademais haberá 2 socorristas en prácticas.