Hemeroteca

Asset Publisher

Back O luns abren as novas Casas da Mocidade, en Santa Cruz e Montrove

Oleiros, 5 de novembro de 2020-. Desde o vindeiro luns 9 de novembro terán abertas as súas portas dúas novas Casas da Mocidade, totalmente equipadas, concebidas para conformar novas alternativas para o ocio e o lecer da mocidade de todo o municipio. Todos os mozos e mozas maiores de 14 anos poden visitar, coñecer e comezar a usar estes locais, de luns a sábado en horario de tarde. 


O Concello contratou unha empresa por 2 anos e por importe de 209.330 euros para que realice a dinamización dos centros informar e fomentar a participación e promoción social e cultural da mocidade. Tamén haberá un punto de información xuvenil en cada recinto.


Estas actividades desenvolveranse no centro Portaberta de Santa Cruz, na rúa Daniel Castelao, e na Escola das Pedras, onde se atopaba a antiga sede do Servizo Municipal de Emerxencias e Protección Civil, na estrada que vai de Perillo a Montrove. En ambos casos, as instalacións foron reformadas e adaptadas.

 
back link