Oleiros, 27 de setembro de 2019-. O luns 30 de setembro abre o prazo de inscrición para dous obradoiros dirixidos ás familias de Oleiros con menores entre 0 e 12 anos de idade organizados pola concellería de Servizos Sociais e Igualdade, dentro do programa Familias Inquedas. O obxectivo desta actividade é que os nenos e nenas medren sen medos, nun entorno seguro, de confianza e de aprendizaxe continuo, desterrando os tradicionais métodos de condicionamento tradicionais (castigos e premios).
Hemeroteca
Asset Publisher
A metodoloxía proposta, a Disciplina Positiva, ensina ás familias a acompañar aos nenos e nenas nas distintas etapas do seu desenvolvemento, mentres axudámoslles a aprender habilidades sociais, cognitivas, emocionais e de comunicación a través do respecto, a motivación e a procura de solucións. Estes obradoiros queren contribuír e apoiar ás familias na crianza e educación dos seus fillos e fillas, fomentando un correcto desenvolvemento emocional, dotándoos de ferramentas e habilidades para esa importante tarefa.
As inscricións serán a través da web municipal www.oleiros.org, na Sede Electrónica, no apartado cidadáns e empresas, en trámites en liña, a partir das 10:00 horas do luns 30 de setembro e ata o mércores 2 de outubro ás 23:00 horas. As prazas adxudicaranse por orde de inscrición, aínda que terán preferencia as persoas que non participaron en edicións anteriores. O número de prazas por obradoiro é de 20 persoas.
Cada un dos obradoiro terá unha duración de 16 horas, en 8 sesións de 2 horas cada unha. Impartiranse na Casa de Cultura de Perillo, en horario de tarde, ao longo do mes de outubro e novembro.