Oleiros, 5 de setembro de 2018-. O vinderio luns día 10 de setembro abre o prazo de inscrición para os Obradoiros de Olería infantil e xuvenil do Concello de Oleiros. Una ano máis, terán lugar no Alfar das Torres de Santa Cruz os sábados en horario de mañá a partir do mes de outubro.
O prazo de inscrición nos Obradoiros de Olería para maiores de idade tamén abre o luns 10. Haberá grupo de iniciación, os luns e os mércores, e un grupo de continuidade, os martes e os xoves. Nestes dous casos as clases serán polas tardes e tamén terán lugar no Alfar das Torres.
Para participar nestas actividades teñen preferencia as persoas empadroadas no Concello de Oleiros. Para obter máis información e formalizar as inscricións hai que dirixirse ao departamento de Cultura, no centro cultural A Fábrica (Rúa do Inglés, Perillo), nos teléfonos 981 610 000 (Extensións 4915) e 981 636 598 ou mediante correo electrónico a cultura@oleiros.org.