Oleiros, 10 de febreiro de 2017-. O Concello de Oleiros organiza o sábado 4 de marzo unha visita guiada pola cidade de Santiago. O vindeiro luns abre o prazo de inscrición para participar nesta excursión.
No mes de marzo o Departamento de Cultura continúa co seu programa de saídas culturais Andares por Galicia, a cultura da natureza, un programa de saídas e rutas culturais pola nosa comunidade autónoma co fin de dar a coñecer, protexer e revalorizar a natureza e a nosa contorna coma patrimonio cultural. Nesta ocasión a saída consistirá nun roteiro cultural e natural pola cidade de Santiago de Compostela o sábado 4 de marzo, con visita guiada pola cidade (Parque de Santo Domingo de Bonaval, o barrio de San Pedro, entrada na zona vella pola Porta do Camiño, praza de Cervantes, praza da Quintana, praza de Praterías, praza do Obradoiro, O Franco, A Raíña, Pazo de Fonseca, mercado de abastos, praza de Mazarelos e Facultade de Xeografía e Historia, rúa do Vilar, rúa Nova, Porta Faxeira, Alameda de Santiago, carballeira de Santa Susana, paseo da ferradura, árbores senlleiras...) e entrada con guía ao Museo Pedagóxico.
As prazas serán limitadas. Ofertaranse 40 prazas con preferencia para persoas empadroadas no Concello de Oleiros. A saída está dirixida a persoas maiores de idade, contemplando a posibilidade de inscrición de menores de idade sempre e cando vaian en compañía dalgún adulto.
Para solicitar información e formalizar as inscricións débese contactar co Departamento de Cultura, no centro cultural A Fábrica (Perillo), persoalmente, a través dos teléfonos 981 636 598 ou 981 610 000 (extensións 4915 e 4916) ou por correo electrónico a cultura@oleiros.org ou r.caparros@oleiros.org.