Hemeroteca

Asset Publisher

Back O luns abre o prazo de inscrición para novos cursos de móbiles e informática para maiores

 Oleiros, 30 de xaneiro de 2020-. O luns 3 de febreiro abre o prazo de inscrición para dous cursos, un de iniciación no “Manexo e móbiles” e outro de “Informática básica”, dirixido a persoas maiores de 60 anos empadroadas no Concello de Oleiros. A oferta destes cursos está enmarcada dentro do programa de “Alfabetización dixital” organizado desde a Concellería de Servizos Sociais e Igualdade do Concello de Oleiros.

 
Os obxectivos principais destes cursos son aprender de forma práctica, amena e guiada a utilizar e aproveitar as posibilidades que ofrecen as tablets, smartphones e ordenadores. Tamén se procura facilitar a vida, mediante as novas vías de comunicación, axeitándoas ás necesidades e desenvolvendo a capacidade de seguir aprendendo por  un mesmo.
 
As inscricións serán a través da web municipal www.oleiros.org, na sede electrónica, no apartado cidadáns e empresas, en trámites en liña, a partir das 9:00 horas do luns 3 de febreiro e rematará ás 20:00 horas do 6 de febreiro. As prazas  adxudicaranse por orde de inscrición. Para calquera aclaración, as persoas interesadas poden poñerse en contacto con Servizos Sociais e Igualdade.
back link