Hemeroteca

Asset Publisher

Back O luns abre o prazo de inscrición para a excursión que percorrerá a Costa Ártabra

Oleiros, 29 de setembro de 2017-. O Concello de Oleiros organiza para o sábado 21 de outubro unha ruta de interpretación ambiental e cultural pola Costa Ártabra, con visita ao Museo do Humor de Fene. Ofértanse un total de 40 prazas, tendo preferencia as persoas empadroadas no Concello de Oleiros.

A  ruta pasa por Faro, lagoa e areal da Frouxeira, Ermida de Nosa Señora do Porto, Monte da Vela, praia de Campelo, Castro de Pena Lopesa, pena Molexa, cantís da Costa Ártabra, praia de Ponzos,  praia e ermida de Santa Comba e Cabo Prior. A distancia total é de 18,5 quilómetros e está cualificada como de dificultade media.

A excursión está pensada para un público familiar, preferentemente maiores de idade. Valorarase a posibilidade de participación de menores de idade, sempre e cando asistan acompañados dunha persoa adulta. O prezo é de 18 euros para empadroados e de 23 euros non empadroados.

Para apuntarse e obter máis información é preciso dirixirse ao Departamento de Cultura do Concello de Oleiros, situado no centro cultural A Fábrica, ben fisicamente ou a través do teléfono 981 636 598 ou do correo electrónico
cultura@oleiros.org.

back link