Hemeroteca

Asset Publisher

Back O luns ábrese o prazo de inscrición nos cursos de natación para escolares

Oleiros, 10 de setembro de 2015-. O programa municipal de actividade acuática escolar terá lugar nas piscinas municipais da Fábrica, Oleiros e Dorneda. As clases comezan o 1 de outubro e rematarán o 10 de xuño de 2016. As inscricións poderán realizarse entre os días 14 e 18 de setembro.

O programa de actividades acuáticas infantís que ofrece o Concello de Oleiros procura a familiarización coa auga a través do xogo. Ademais, pretende contribuir ao desenvolvemento integral dos nenos e das nenas como complemento á motricidade básica, mellorando as capacidades físicas. Tamén busca a maduración nos eidos cognitivo, perceptivo-motriz, expresivo-comunicativo, afectivo e de relación cos demais.

Os formularios de inscrición estarán a disposición de todos os veciños e veciñas en calquera das catro piscinas municipais. Ademais, repartiranse por todos os centros de ensino público.

DESCARGA AQUÍ O PROGRAMA MUNICIPAL DE ACTIVIDADE ACUÁTICA ESCOLAR

back link