Oleiros, 28 de outubro de 2010.- O próximo sábado 30 de outubro, a Asociación de Veciños O Hórreo de Iñás organiza a partir das 18.00 horas na casa do pobo o concurso gastronómico “Mándalle un pincho ó corpo”, na que se outorgarán diferentes premios, que unha vez entregados darán paso á degustación dos pinchos acompañados de distintos viños. Este evento forma parte do Ciclo de Xornadas gastronómicas celebradas, como as de “Postres con produtos artesáns”, “Tortillas” ou “Combinación de pratos salgados e doces”.
Finalmente, aproveitando a asistencia dos veciños procederase á presentación do novo equipamento de ximnasio da casa do pobo, que estará a disposición dos integrantes da entidade a partir do próximo 2 de novembro e que vén a representar a posta en marcha dunha nova actividade da Asociación de Veciños O Hórreo de Iñás.