Hemeroteca

Asset Publisher

Back O grupo Memoria Oleira inicia unha nova actividade de olería tradicional

Imagen O grupo Memoria Oleira inicia unha nova actividade de olería tradicional

As persoas que conforman o grupo “Memoria Oleira” iniciaron no alfar do Museo Os Oleiros en Santa Cruz unha nova actividade encamiñada a ampliar os coñecementos sobre a olería tradicional.  Un obradoiro para aprender a facer unha sella tradicional baixo a dirección do mestre municipal Alberto Añón, gañador do premio “Artesanía de Galicia” no ano 2025.

Este grupo está integrado por persoas que acoden aos obradoiros de memoria do programa municipal de Envellecemento activo e participan no alfar das Torres nun proxecto colectivo  de traballo sobre a relación que Oleiros ten co barro, no presente e tamén no pasado. Tratan varias temáticas relacionadas: a cociña, as herbas... ademais de realizar actividades interxeracionais nas escolas. 

Para ir aos colexios están preparando varias intervencións baixo o nome “A pegada da natureza”. Ofrecerán unha clase sobre os seus coñecementos, relacionados coas herbas e ensinaranlles á rapazada a facer unha medalla de  barro e  herbas.