Oleiros, 14 de novembro de 2018-. O Grupo Estable de Teatro do Concello de Oleiros presenta o sábado ás 20:30 horas no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera o seu espectáculo Dodo, de creación colectiva e dirixido por Ramiro Neira. Conchi Fernández, Natacha Ceias, Manuel García, Silvia Larrosa, Gladys Pérez, Pilar Pérez, Nelly Rivas, Marisa Barros, Luly Barcos, Juan Otero, Gloria Feliz, Benita Trillo, Cristina López, Antonio González, Juan Naya, Carmen Rodríguez, Patricia Gómez, Danay Marrero e Olga Coroas conforman o elenco desta obra de teatro.
Dodo leva o público a un mundo no que a poboación crecía desmesuradamente, tamén avanzaban as tecnoloxías, o consumo, a contaminación, as enfermidades, a violencia... Escaseaban alimentos e non había recursos para todos. É entón cando se produce unha selección. Reprogramar e separar unha parte da poboación non apta para a sociedade, a cal está formada por individuos xenética e intelectualmente superiores.
A entrada é libre con invitación, que poderán recollerse a partir das 19:30 horas, ata completar a capacidade da sala. Está recomendada para maiores de 12 anos.