Hemeroteca

Asset Publisher

Back O grupo Doa ofrece un concerto o sábado na Fábrica

Oleiros, 30 de novembro de 2017-. Este sábado, ás 20:30 horas, o auditorio do centro cultural A Fábrica de Perillo acolle un concerto do grupo Doa. O grupo que forman Susana de Lorenzo, Gertraud Brilmayer, Xoán Piñón e Bernardo Martínez contará ademais coa colaboración de Fran Castro no teclado e Eduardo Coma no violín.

Doa é unha formación histórica da música popular galega que segue exercendo o seu maxisterio musical co espírito de liberdade que sempre caracterizou o seu lonxevo camiñar e que mantivo ao longo das diferentes reconversións nas súas formacións pola que pasaron músicos de excepcional calidade. O do sábado será un concerto iluminado polo folk de vangarda, que combina elementos ancestrais medievais con recursos interpretativos contemporáneos.

A entrada é gratuíta, con invitación, ata completar a capacidade da sala.

back link