Hemeroteca

Asset Publisher

Back O grupo de teatro estable do Concello de Oleiros representará novamente a obra WIFI para o alum

Oleiros, 24 de novembro de 2017-. O grupo estable de teatro municipal do Concello de Oleiros representará o vindeiro martes no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera o seu espectáculo WIFI, dirixido por Ramiro Neira e Keke Díez. Nas anteriores representacións xa foi moi ben acollida polo público, por iso o Concello decidiu facer máis funcións coa pretensión de facer reflexionar os estudantes sobre a utilización das novas tecnoloxías e a incomunicación.

Está obra é o resultado dun proceso creativo colectivo, onde os alumnos e alumnas do Grupo Estable achegan as súas ideas para facer o guión da obra, que nesta ocasión baséase en tres ideas: a brecha tecnolóxica dos nosos maiores, a novela Momo de Michael Ende e o conto Pacto de Sangre de Mario Benedetti. O grupo está formado por 20 compoñentes veciños e veciñas de Oleiros que levan anos participando nos obradoiros de teatro do Concello que se realizan no auditorio das Torres.
 

back link