Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Goberno municipal traslada as súas demandas para os orzamentos do Estado aos deputados de En

Oleiros, 17 de xaneiro de 2016-. Varios representantes do Goberno municipal de Oleiros mantiveron esta mañá un encontro cos deputados de En Marea no Congreso Yolanda Díaz e Antón Gómez-Reino. Na xuntanza, o alcalde informou sobre as continuas demandas que o Concello de Oleiros leva realizando durante anos para que o Estado mellore a N-VI e acometa o dragado da ría da Pasaxe.

Ángel García Seoane insistiu unha vez máis na necesidade de iniciar as obras de Sol y Mar, construir os pasos elevados na zona do Seixo e ampliar a ponte da Pasaxe e Alfonso Molina. Cuestións todas elas fundamentais xa que afectan á vida diaria de milleiros de persoas e que, ata o momento, non foron resoltas por ningún Goberno do Estado. Igual que acontece co necesario dragado da ría da Pasaxe, que leva anos e anos á espera.

A deputada Yolanda Díaz sinalou que pretende “levar as demandas da cidadanía de Oleiros e de todo o país ao debate orzamentario no Congreso”. Pola súa parte, Antón Gómez-Reino destacou a relevancia do “municipalismo de Oleiros, que pensa tamén en clave de comarca e de país”.
 

back link