Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Goberno municipal non recorrerá e poderá ingresar parte da paga extra eliminada polo Decreto

Oleiros, 23 de xaneiro de 2014-. O 13 de xullo de 2012 o Goberno estatal decretou a supresión xeneralizada da paga extra de verán para todo o persoal funcionario e laboral dependente das distintas administracións públicas. Esta norma de obrigado cumprimento por todos os organismos municipais agora é revisada xudicialmente polo Xulgado do Social nº 3 da Coruña na sentencia na que acorda o pagamento ao persoal laboral do Concello de Oleiros da parte proporcional correspondente  a 44 días de dita paga.

Este decreto era de práctica obrigada para todas as entidades locais e de ámbito territorial superior so pena de recurso por parte do Goberno estatal en caso contrario. A sentencia, instada polo sindicato CCOO que representa ao persoal laboral a través do Comité de empresa, elimina agora esa imposición e posibilita o Concello o pagamento dos 44 días devengados antes da entrada en vigor do Decreto. A cantidade a ingresar é aproximada de  60.000 euros.

Deste xeito, o Goberno municipal, conforme en todo momento co contido da sentencia, pagará esa parte proporcional ao redor dos 150 traballadores laborais municipais, tal e como amosou no acto de proba no xuízo celebrado días atrás e que deu orixe esta sentencia. Tampouco interporá recurso ante este fallo para facilitar a rápida execución do mesmo, tal e como xa se comunicou ao citado sindicato.

O Goberno espera que se decida igual medida para ser aplicada tanto ao persoal funcionario municipal -a falla de existencia de demanda na actualidade por parte dos representantes do persoal funcionario, condición ineludible para a existencia dun pronunciamento xudicial favorable- como aos propios integrantes do Grupo de Goberno municipal que reduciron o seu salario na mesma medida que o dos traballadores municipais, no ano 2012, como mostra de solidariedade e desacordo coa medida imposta polo Goberno estatal.
 

back link