Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Goberno Municipal no seu primerio ano de xestión logra un aforro de 294.000 euros en consumo

Oleiros, 16 de agosto de 2012-. No ano 2011 o concello de Oleiros realizou unha auditoría enerxética e a contratación temporal dun técnico, co fin de analizar e de levar a cabo unha serie de medidas  que redundarán nun aforro enerxético xa que ata ese momento o concello tiña máis de 400 contratos con Unión Fenosa que supoñía un desembolso anual para as arcas públicas de un millón seiscentos setenta mil euros.

O Concello sempre valorou este importe como excesivo e fóra de lugar por entender que a compañía subministradora percibía uns ingresos indebidos por excesos de potencia contratada, discriminación horaria etc. Sólo pola modificación de contratos levada a cabo a raíz da auditoría, nun ano, o Concello aforrou 101.000 €.

Ao aforro citado temos que sumarlle 123.000 euros a raíz do concurso para a contratación de enerxía eléctrica  para subministros de menos de 10 kw que foi adxudicada nestes día a Iberdrola en substitución de Fenosa e Gas Natural e que supón un aforro dun 7,4 % neste apartado.

O Concello de Oleiros ten feitas varias reclamacións ao detectar múltiples erros en centos de facturas de Fenosa por un total de 493.579, 58 € concretamente nos seguintes conceptos:


•    Descontos mal aplicados: 51.965,30
•    Error de contador, reloxo mal configurado: 27.519,80
•    Facturación de histórico de consumo: 171.234,60
•    Reactiva: 16.768,75
•    Terceiros: 23.455,07
•    Tanto alzado: 105.397,51
•    Outros: 97.178,55

Ditas reclamacións, presentadas en Xaneiro deste ano diante da compañía eléctrica, siguen ata o momento pendentes de resolución.

Ademais destas actuacións administrativas, en materia de aforro enerxético, o Concello de Oleiros está levando a cabo diversas obras e proxectos como a substitución de lámpadas de vapor de mercurio, a instalación de reloxos astronómicos e a reprogramación dos xa existentes, así como a instalación de equipos redutores de fluxo, por importe de máis de 210.000 €. Un dos contratos estase realizando e os outros dous están pendentes da resolución dos programas de cooperación cos concellos por parte da Xunta e a Deputación.

A redución real de gasto nun ano por consumo enerxético alcanzou a cifra de 294.000 € o que supón o 17,7%. Destacar tamén que debido a subida de tarifas imposta polo goberno do estado a favor das eléctricas a facturación do concello incrementouse  en 116.000 € / ano.  

 

back link