Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Goberno municipal incluirá varias estradas no plan de travesías da Deputación

Oleiros, 27 de xaneiro de 2016-. O Goberno municipal pretende incluír no plan de melloras de travesías da Deputación a construción de novas beirarrúas e plataformas peonís en distintas estradas –de titularidade provincial- que carecen desta importante infraestrutura para a seguridade dos veciños e veciñas. A intención do executivo local é que todos os proxectos poidan realizarse nun breve prazo de tempo.

A intención do Goberno municipal é que este plan provincial trate a construción de beirarrúas na avenida de Venezuela, na rúa Ferrala, na rúa Coruxo, na rúa do Souto, na rúa Fonte do Ouro e na baixada vella ao porto de Lorbé. Tamén se demandará a ampliación da calzada e a construción de beirarrúas na estrada que vai de Santa Cruz a Montrove, á altura do Pazo de Lóngora.

Tamén está en marcha a ampliación da estrada da Besta en Mera, que vai desde o centro da localidade ata a vía Ártabra. No caso de que as persoas propietarias non cedan o solo preciso, recorrerase ás expropiacións para que a Deputación da Coruña realice as beirarrúas e a ampliación da estrada, que pasará a ter 7 metros de ancho.
 

back link