Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Goberno municipal destinará máis dun millón de euros á atención de persoas maiores e dependen

Oleiros, 18 de xaneiro de 2016-. O Concello de Oleiros segue a apostar pola atención ás persoas maiores e dependentes e ás súas familias a través do Servizo de Axuda no Fogar, prorrogando o contrato actual por dous anos máis e incrementando as horas de atención das 39.500 horas anuais actuais ás 61.000 horas anuais de servizo para os dous próximos anos. En total, destinaranse 1.104.200 € anuais nos orzamentos municipais deste 2017.

Este programa, no que o ano pasado foron atendidas 212 persoas, oferta apoios e atencións persoais ás persoas con dependencia e ás súas familias, ademais dunha serie de servizos complementarios como telefarmacia, préstamo de axudas técnicas, fisioterapia, perruquería, podoloxía… Un conxunto de atención e servizos destinados a apoiar a permanencia das persoas maiores nas súas casas todo o que sexa posible, evitando internamentos innecesarios que se poden resolver cun pequeno apoio.
 

back link