Oleiros, 4 de setembro de 2017-. O Concello de Oleiros reclamaralle ao Ministerio de Fomento e á Xunta de Galicia que realicen unha correcta conservación das rotondas que existen no municipio e que son da súa titularidade. É o caso da rotonda do Seixal, do Ministerio de Fomento, e da rotonda dos Tornos, da Xunta de Galicia, que se atopan nun estado lamentable.
“As rotondas que son propiedade municipal témolas todas coidadísimas e belísimas. En cambio, hai dúas que non son do Concello de Oleiros e que dá noxo velas, polo que imos demandar que non nos degraden o municipio con eses dous adefesios”, comentou o alcalde Ángel García Seoane.