Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Goberno local xestiona a execución do proxecto de mellora da praia de Naval e a creación dunh

Oleiros, 29 de xuño de 2011-. O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, informou esta mañá sobre as xestións que está levando a cabo ante a Demarcación de Costas do Ministerio de Medio Ambiente para sacar adiante dous importantes proxectos de mellora no municipio: o acondicionamento da praia de Naval e a creación dunha senda costeira que comunique Santa Ana, en Mera, con Breixo.

Neste sentido, García Seoane comunicou aos responsables deste organismo na Coruña durante o transcurso  nunha reunión que tivo lugar o pasado luns que o Goberno local de Oleiros pon a disposición de Costas os terreos necesarios para acometer este proxecto. Segundo indicou García Seoane, trátase dunha obra non excesivamente complicada e dun custo asumible, pero que mellorará sensiblemente a calidade ambiental da zona, xa que permitirá percorrer a pé toda esta zona costeira, que ademais estará unida cos paseos da praia de Mera e de Espiñeiro.

Respecto ao acondicionamento do contorno da praia de Naval, García Seoane trasladou de novo á Demarcación de Costas a súa preocupación pola demora nesta mellora. Ademais recordou que o Goberno local investiu 120.000 euros aproximadamente desde o ano 1991 en diversos proxectos demandados polos distintos executivos centrais, e que todos foron sometidos a modificacións.

back link