Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Goberno local velará para que se cumpra a legalidade se executa o apartotel na zona de Bastia

Oleiros, 24 de abril de 2012-. O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, asegurou esta mañá que o Goberno local velará por que se cumpra a legalidade en caso de que se execute a obra de construción dun apartotel na zona de Bastiagueiro. «De levarse a cabo esta obra, desde o Goberno local estaremos atentos para que se cumpran todos os requisitos legais e de que a instalación sexa un apartotel e non outra cousa», indicou o mandatario.

García Seoane realiza estas declaracións despois de que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia fallara a favor dunha promotora á que o Concello denegara unha licenza de construción ao observar determinadas carencias no proxecto construtivo presentado. Neste sentido, García Seoane recordou que unha instalación deste tipo ten que contar con determinados servizos hoteleiros e hostaleiros para cumprir a súa verdadeira actividade, xa que doutro modo estaríase tratando dunha venda ou aluguer encuberto.
 

back link