Oleiros, 10 de novembro de 2014-. O Goberno local aprobou a concesión de subvencións solicitadas por distintos entidades, asociacións e clubs ao amparo das normas de concorrencia competitiva en vigor. En total presentáronse 60 solicitudes e o Concello repartiu un total de 239.995,25 euros entre todas elas, premiando aquelas peticións relacionadas co fomento das actividades prioritariamente de nenos e mozos. As 46 entidades culturais, deportivas e veciñais recibiron un total de 116.534, 41 euros. Pola súa parte, o Concello subvencionou con 123.460,84 euros as AMPA e os colexios do municipio, un total de 14 entidades.
Hemeroteca
Asset Publisher
Esta achega está destinada a completar a financiamento das actividades programadas ao longo de todo o ano e que contribúen enormemente a manter cheo de vida o tecido asociativo, especialmente toda aquela actividade desenvolvida por estes colectivos entre os nenos e nenas e mozos e mozas do noso municipio.