Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Goberno local solicita colaboración veciñal para rematar coas pintadas incívicas

Oleiros, 28 de abril de 2016-. Debido ao incremento de pintadas incívicas en edificios públicos e vivendas privadas, o Goberno local solicita a colaboración da cidadanía para poder identificar aos infractores e poñer fin á degradación á que someten ao municipio con estas accións. A zona de Perillo está a ser castigada especialmente por estes delincuentes.

“Rógolle a todas as persoas que se ven a alguén pintando chamen rapidamente á Policía Local. Se hai colaboración dos veciños collerémolos”, dixo o alcalde Ángel García Seoane. O Concello de Oleiros ten habilitadas diferentes paredes de espazos públicos para que os grafiteiros poidan realizar as súas obras de arte.
 

back link