Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Goberno local regulará as actuacións de orquestras para evitar incidentes no municipio

Oleiros, 29 de xullo de 2016-. Nas vindeiras semanas o Goberno local manterá unha reunión coas diferentes comisións de festas do municipio para analizar os problemas orixinados en diferentes localidades tras as actuacións de determinadas orquestras. Ante os graves incidentes causados por algunhas persoas durante e despois das verbenas, o Concello de Oleiros porá en marcha unha nova regulación para evitar sucesos como os acontecidos tras a última noite das festas de Santa Ana.

Na madrugada do mércores para o xoves, tras a actuación do Combo Dominicano no parque da Lagoa, producíronse importantes estragos no mobiliario público con roturas de papeleiras, árbores, morróns e sinais de tráfico. Tamén se rexistraron lanzamentos de obxectos contra varias vivendas. Por eses feitos foron identificadas cinco persoas. Ademais, outras dúas persoas foron detidas por atracar tres coches.

O incivismo dalgúns dos asistentes a esta verbena tamén deixou moreas de lixo espalladas por diferentes espazos públicos das parroquias de Serantes e Maianca. Especialmente perigosos para a integridade dos nenos e nenas son os cristais rotos aparecidos nos parques infantís da Lagoa e da igrexa de Maianca, que os operarios municipais procederon a retirar durante a mañá seguinte á festa.

Por desgraza, este tipo de sucesos non aconteceron en Mera por primeira vez. En anos anteriores, localidades como Santa Cruz, Dexo, Perillo ou Lorbé teñen sufrido sucesos que mesmo foron de maior gravidade.

back link